Hoxe é Xoves 12 de Xuño de 2025

A voz emerxente: Vermúsical

Vermusical é unha banda familar de Redondela que xorde como iniciativa para “xuntarse e compartir á música entre risas e boa compañía”. Conta con sete compoñentes e todos eles teñen experiencia neste eido e aprenderon de forma autodidacta. Falamos con Ana Gesteira Ponce, membro da coñecida agrupación redondelá Circo de Pulgas, sobre o concerto deste domingo no Brisa Chiringo e a idea de levar “unha reunión de amigos e familia ao escenario”. Haberá sorpresas, pois teñen pensado colocarse no escenario como se dunha cea normal se tratara.

Este domingo no Brisa Chiringo, na Praia de Cesantes, a partir da 13h do medio día, poderemos ver a Vermúsical en acción.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Cousas de hoxe: Yesterday

A canción escrita por Paul McCartney e popularizada mundialmente polos Beatles cumpre 60 anos. Manuel Álvarez Moreira cóntanos a historia que hai detrás dun tema mundialmente coñecido, reinterpretado por numerosos

Escoitar audio »
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: