Hoxe é Luns 23 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Rodri Vegas

O DJ e productor musical redondelán Rodri Vegas achégase a Radio Redondela para lembrar os seus comezos nestes micrófonos e facer un repaso pola súa longa carreira. Galardoado co Premio Maelok dos 40 PRINCIPAIS a mellor Produtor do 2021 e con máis de 18 anos de carreira móstrase moi ilusionado por participar o sábado na Festa da Coca.

Chegou a visitar Ámsterdam no Dance Event , Miami no Winter Conference ou o  OFF SONAR en Barcelona, entre moitos outros escenarios. En 2022 decide crear o seu propio selo discográfico xunto ao vigués Dani Villa chamado «ANAIA» alcanzando, co seu primeiro lanzamento, un TOP 7 nun dos principais portais de venda dixital.

Pisa forte na escena nacional e teremos a oportunidade de volvelo a escoitar en Redondela o sábado 10 de xuño no Campo da Feira dentro do Programa das Festas da Coca 2023.

Páxina web: Rodri Vegas.

Instagram: @rodrivegas

Facebook: Rodri Vegas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Bea Amoedo

Nun crossover moi especial entre dous programas da radio municipal de Redondela —Onda Torrella e En PAC(k), o podcast de saúde—, a doutora Bea Gómez Ameodo, médica residente no Centro

Escoitar audio »