Hoxe é Martes 22 de Xullo de 2025

Carreira de fondo: Laura Portela

Este luns en ‘Carreira de Fondo‘ contamos con Laura Portela, exalumna do IES Pedro Floriani e graduada en Bioloxía pola Uvigo coa Mención en Bioloxía aplicada á produción. Actualmente está cursando o Mestrado interuniversitario en Acuicultura. Imos falar con ela do seu TFG,  polo cal outorgáronlle en 2024 o Premio Extraordinario de Fin de Grao na Titulación de Grao en Bioloxía e a través do cal puido formar parte do Grupo de investigación de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en Acuicultura da Uvigo.

Conversamos sobre a súa traxectoria académica e os consellos que lle daría á xente que desexe ir por un camiño similar. No seu currículo académico podemos atopar:

  • Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao Rendemento Académico. Xunta de Galicia. 2017. Cursado no IES Pedro Floriani.
  • Premio de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/2020 nas universidades do SUG.
  • Premio de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2020/2021 nas universidades do SUG.
  • Premio Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2021/22 nas universidades do SUG.
  • Premio    Extraordinario    de    Fin    de    Grao correspondente     ao     curso     2022/2023 na Titulación de Garo en Bioloxía. Universidade de Vigo. 2024.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: