María Montenegro, dende o gabinete Amaturi, achégase aos nosos micrófonos para falar de sexualidade dun xeito profesional e pedagóxico. Falamos do consentimento e das relacións, un concepto que se aborda de modos diversos en cada etapa educativa, adaptándose sempre ás idades dos nenos, nenas e adolescentes.
Tamén nos achegamos ás rupturas “como desvincularnos e como os cativos viven as roturas dunha relación nas súas familias é algo que tamén se pode traballar nestas idade”.
Abordamos tamén como achegarnos a este temas en etapas tan complicadas como a adolescencia. María aconsella conversar cos adolescentes sen forzar, a través de lecturas, series, películas… e lembras que “os estuados amosan que nos países onde hai educación sexual o encontro erótico atrásase e non se da en idades tan temperás”.


