Hoxe é Venres 27 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Estévez, de ASOTRAME: “A doazón de médula é moito máis sinxela do que a xente pensa e pode salvar vidas”

Manu Estévez nuha charla de sensibilización para a doazón

Co gallo do Día Mundial do Transplante, a entrevista co delegado provincial de ASOTRAME (Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea) pon de manifesto a importancia da doazón de médula ósea e o labor de acompañamento que realiza a entidade cos pacientes e as súas familias.

Manuel Estevez Delgado, expaciente e deportista afeccionado, foi diagnosticado en 2020 de leucemia linfocítica crónica un ano despois dun linfoma. A enfermidade evolucionou cara ao síndrome de Richter, polo que a única solución posible foi un trasplante de médula ósea dun doante anónimo. “Foi a miña última opción, pero hoxe estou sano e podo dedicar o meu tempo a axudar a quen está pasando polo mesmo”, explicou.

A súa experiencia persoal levouno a incorporarse a ASOTRAME. Unha das tarefas máis importantes de ASOTRAME son as charlas de sensibilización, especialmente en colexios e institutos. Manuel insiste en aclarar un erro moi estendido: “Non é médula espiñal, é médula ósea. Son cousas totalmente diferentes”.

A doazón, no 90 % dos casos, realízase mediante un proceso similar ao da doazón de plaquetas ou plasma: dura entre 3 e 4 horas, non deixa secuelas importantes (como máximo unha sensación de fatiga ou resfriado) e o organismo do doante recupérase en poucos días con repouso e boa alimentación. 

Retos actuais e chamada á solidariedade

Entre os principais retos da asociación están o apoio institucional e a obtención de máis recursos, especialmente vivenda temporal. Recentemente abriron un novo piso en Vigo, pero o proceso foi moi complicado. Manuel anima a todas as persoas a rexistrarse como doantes: “Cando alguén necesita un trasplante de médula é porque xa non ten máis opcións. Con só unhas horas do teu tempo podes darlle unha segunda oportunidade de vida a outra persoa. E hoxe a hematoloxía avanza moito: o tratamento funciona cada vez mellor”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Cousas de hoxe: Mercedes 35 CV

Falamos hoxe do primeiro Mercedes da historia, considerado o primeiro automóbil moderno: foi o Mercedes 35 CV, deseñado por Wilhelm Maybach para Daimler-Motoren-Gesellschaft (DMG) Un fito automobilístico que se presentaba

Escoitar audio »