Hoxe é Domingo 10 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carreira de fondo: do campo ao laboratorio coa bióloga Yasmina Martínez Barciela

Neste episodio de Carreira de Fondo falamos con Yasmina Martínez Barciela, bióloga de Redondela, que nos conta o seu camiño desde adolescente ata investigadora especializada en mosquitos. Unha historia de vocación e paixón pola ciencia aplicada.

A súa traxectoria académica e profesional (tal e como ela mesma a resume): “Fixen o grao de Bioloxía na UVigo (2013-2017), o Master en Biodiversidad Terrestre (polas tres universidades galegas, 2018-2020), e logo o doutorado (tamén en UVigo, 2020-2025) sobre entomoloxía aplicada (principalmente o estudo de mosquitos en Galicia). Paralelamente levo traballando desde 2017 na UVigo como investigadora na Rede Galega de Vixilancia de Vectores, unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia”.

  • De pequena soñaba con ser veterinaria, pero ao quedar fóra por pouquísimos puntos en selectividade entrou en Bioloxía na UVigo… e namorouse da carreira.
  • Destaca a importancia de non ter medo a cambiar de rumbo: “Non é ningún fracaso, é darse conta do que prefires facer”.
  • Fixo o Máster en Biodiversidade Terrestre (interuniversitario Vigo-A Coruña-Santiago) case por casualidade, aproveitando un contrato de investigación, e alí descubriu o gusto polas saídas de campo, a estatística e os mapas.
  • O doutorado (título: “Bioecoloxía, faunística e interese epidemiolóxico dos mosquitos de Galicia”) xurdiu tamén de forma circunstancial coa pandemia, pero atopou un equipo de investigación “sano” e un ambiente que lle permitiu seguir.
  • Fala con honestidade das dificultades da investigación: precariedade, presión por producir, competitividade… e insiste en que o máis importante é ter un bo equipo e non romantizar a vocación.
  • O seu traballo diario consiste en realizar mostraxes de mosquitos e na busca dos seus criadoiros (ríos, estanques, recipientes artificiais, etc.) por toda Galicia, co fin de determinar a distribución, abundancia e risco sanitario de cada especie. En 2023 detectaron o mosquito tigre grazas á aplicación cidadá Mosquito Alert. Agora a Rede Galega de Vixilancia de Vectores está ampliando a colaboración cos concellos.
  • Consellos para quen queira seguir o seu camiño:
    • Non tes que ter todo claro aos 18 anos. “Deixa fluír, a vida sorprende moito para ben”.
    • Se queres investigación, saca boas notas (as becas dependen diso), pero sobre todo busca un grupo de traballo sano.
    • Disfruta a universidade: prácticas, compañeiros, saídas de campo… iso é o que marca a diferenza.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Jaime Figueroa

Neste novo episodio do podcast Onda Torrella achégase aos micrófonos de Radio Redondela Jaime Figueroa para falar da vida a través da música. Fundador da Asociación Lenda e cunha traxectoria

Escoitar audio »