A tenda de artesanía Bradouro trae unha das novidades máis locais deste ano: Fiadeira Atelier, a marca de complementos artesanais feita a man por unha redondelá afincada en Ferrol que non perde conexión coa súa vila.
AS pezas son exclusivas pola escaseza do material. O que fai é mesturar o traxe tradicional galego coa moda conceptual. Usa panos galegos con eses patróns florais tan nosos, botóns brocados antigos, cremalleras de dous tons, acolchados e entretelados… e utiliza moito upcycling con vaqueiros vellos. Todo feito por ela mesma, en moi pouca cantidade. O resultado son neceseres, fundas para portátil, bolsos, fundiñas para gafas entre outras cousas. Pezas con moitísimo detalle.
Para darlle a benvida á primavera, Bradouro chega cargada de novidades: acuarelas de ilustradores locais e as novas coleccións de marcas habituais como LeLate Crea. Todas elas poderanse ver e tocar hoxe mesmo, venres 13 de marzo, coa reapertura da tenda (tras o peche por obras) de 17:00 a 21:00 h, o sábado pola mañá e a partir do luns 16 de marzo xa en horario habitual.





