A presidenta de Cruz Vermella Vigo e veciña de Chapela, Purificación Serrano, pasa polos nosos micrófonos para falarnos desta entidade e, concretamente, de como se implanta en Redondela coa apertura da súa oficina hai xa sete anos no edificio da Casa da Cultura.
Unha implantación que naceu anos antes coa realización de obradoiros e actividades puntuais ata que, grazas a unha colaboración co Concello, lograron o espazo que se convertería na súa oficina actual.
Co obxectivo de atender e traballar coas persoas máis vulnerables, ofrecen servizos como inserción laboral, formación ou acompañamento, pero tamén actividades diversas a través dos seus programa pensados nas persoas de maior idade (como os talleres de memoria) ou tamén centrados nos rapaces e rapazas (promoción do éxito escolar).


