A banda de Pazos de Borbén Acouga regresa aos escenarios este venres 6 de marzo na Sala Master de Vigo ás 22:45. Acompañaranos dous grupos que tamén hai que escoitar a todo trapo: Turbo Kraks (Ferrol) e Europeos Pálidos (Vigo). Se che gusta o post-hardcore con letras en galego, o metal que pega moi forte pero tamén ten alma e esa mestura de rabia e emoción, este é un bo plan para o venres.
Despois dunha pequena xira por salas de Galicia e Portugal presentando e pechando o seu primeiro traballo Ámbar, a banda dá por rematada esa etapa e xa está en plena composición de material novo. Aínda son maquetas, pero prometen manter esa liña nostálxica e romántica que os define. Neste seguinte proxecto adiantan que engadirán partes máis melódicas cara unha madurez natural despois de moita aprendizaxe.
Aínda así, as cancións de Ámbar seguen ben vivas e en Vigo van soar con toda a forza. “O que vai atopar a xente que veña será un concerto cheo de enerxía, no que buscamos conectar de verdade co público. E ademais, vai haber moita música boa coas outras dúas bandas”, contan desde ACouga.
Apertura de portas ás 22:45 h, pero o groso da noite arrinca arredor das 23:00 h. Para máis información, seguidelos nas súas redes sociais.


