Hoxe é Venres 27 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lucía Núñez: Farmacia e Mestrado en Dermofarmacia

 Lucía Núñez, veciña de Redondela, comparte en Carreira de Fondo a súa traxectoria no grao de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (USC). A conversa centrouse na súa motivación para elixir esta carreira, as particularidades do estudo, as saídas profesionais e valiosos consellos para persoas que consideren emprender un camiño similar, subliñando a importancia dunha visión realista da profesión.

Sobre o contido do grao, describiu Farmacia como unha disciplina ampla que toca múltiples áreas —medicina, química, bioloxía, física— sen especializarse en ningunha, citando unha profesora que resumía: “Estudas de todo e non es especialista en nada”. Admitiu a dificultade, con moito contido para memorizar e sinaturas variadas que fan que teñas habilidades en moitas ramas.

Defendeu o seu valor, pero lamentou que na farmacia comunitaria non sempre se recoñeza o coñecemento dos farmacéuticos. “Somos unha primeira barreira sanitaria, especialmente dende o COVID”, afirmou. Recomenda estar ao día con novas medicacións e protocolos, e compartiu a súa experiencia co Mestrado en Dermofarmacia realizado en liña. “Fíxeno por min, para dar mellores consellos na farmacia”, dixo.

Como reflexión final, Lucía animou a non apresurarse nas decisións: “O mundo non se acaba aos 18 anos; sempre hai tempo para estudar ou cambiar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp