Hoxe é Mércores 4 de Febreiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: BLUE NOTE con Nacho Pérez Rey

Boa onda,Torrellas!
Nacho Pérez Rey volve á Onda Torrella con novas enerxías e, nesta ocasión, lévanos de viaxe ao corazón dun dos selos máis lendarios da historia da música: Blue Note Records. Moito máis que unha discográfica, Blue Note é toda unha forma de entender o jazz, unha actitude, unha maneira de facer e sentir a música.
Fon Conde e Nacho falan da súa orixe e do que significou (e aínda significa) este selo, do contexto histórico que o viu nacer e da filosofía que o definiu desde os seus primeiros pasos. Repasaremos tamén a súa inconfundible identidade visual —esa mestura perfecta de fotografía en branco e negro, deseño atrevido e tipografía icónica que xa forma parte da imaxinación colectiva— e, por suposto, o famoso “son Blue Note”.

Falaremos tamén dos grandes nomes que conforman o alma do catálogo e descubriremos rarezas, xoias ocultas e traballos menos coñecidos que merecen ser rescatados do esquecemento. Porque Blue Note non é só unha colección de discos: é unha comunidade creativa, un movemento que transcendeu o estudio de gravación para converterse nunha influencia brutal que, aínda hoxe, resoa con forza no jazz contemporáneo e moito máis alá.

O noso especialista en jazz xa anda afiando e preparando recomendacións de alto calibre para as vindeiras entregas.

E para rematar esta viaxe polo universo Blue Note, aquí vai unha selección de temas imprescindibles que capturan á perfección o espírito do selo e que podedes escoitar enste podcast:

Art Blakey & The Jazz Messengers – Moanin’ (do álbum Moanin’, 1958)
Herbie Nichols Trio – The Third World (do álbum The Prophetic Herbie Nichols, 1957)
Wayne Shorter – Fee-Fi-Fo-Fum (do álbum Speak No Evil, 1966)
Horace Silver – Song for My Father (do álbum Song for My Father, 1965)
John Coltrane – Blue Train (do álbum Blue Train, 1958)
Sheila Jordan – Dat Dere (do álbum Portrait of Sheila, 1962)
Fred Jackson – Preach Brother (do álbum Hootin’ ‘N Tootin’, 1962)
 Ata a próxima entrega, Torrellas!
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp