Joshua Rodríguez, redondelán afincado en Cataluña comparte na sección Carreira de Fondo o seu percorrido vital e profesional: dende o ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións no IES Floriani (que lle abriu as portas ao mundo laboral na súa vila), pasando pola militancia política que o levou á capital e o introduciu no marketing e a comunicación, ata o ciclo superior de Marketing e Publicidade, traballos en Carrefour España e grandes axencias, e mesmo a fundación dunha escape room segue en activo.
Hoxe en Cataluña, Joshua anima á mocidade a non ter medo aos cambios, a probar camiños diferentes, a aprender sempre da xente máis experimentada e a estar aberto a novas experiencias, xa sexa estudiando, traballando por conta allea ou emprendendo.


