Noite Son achégase a Onda Torrella para agasallarnos coa súa música. Fai un fermoso repaso pola vida a través das melodías, ofrecéndonos as súas propias versións das cancións que, dalgún xeito, marcaron o seu camiño, e regalándonos en exclusiva un dos seus temas propios: “Sei o que mamei”.
Noite define así a súa música: acompañada só da súa guitarra acústica e dun pequeno set de percusión que manexa cos pés (un bombo e un pedal de percusión), crea unha experiencia íntima e chea de ritmo. Ademais, está comezando a introducir loops nalgúns temas para enriquecer aínda máis o que fai.
Unha voz preciosa e unha guitarra que nos transporta a outros mundos, que nos envolve e nos fai soñar. Que mellor agasallo que a música para este Nadal? Non perdas esta oportunidade de gozar dun concerto íntimo, cheo de emoción e sensibilidade en Onda Torrella con Fon de Con e Alicia Tizón.
Os temas que versiona nesta actuación son os seguintes:
- “This is a Man’s World” de James Brown + “Fallin'” de Alicia Keys (mashup)
- “Je veux” de Zaz
- “Aire” de Ombligo
- “The House of the Rising Sun” de The Animals


