A responsable da Cruz Vermella en Redondela, Diana Freire achégase á Radio Municipal xunto cunha das voluntarias da entidade, Hidaya, para falarnos dunha actividade que busca a participación dos máis novos, o proxecto Pineo.
Un proxecto que ofrece a mozos e mozas un itinerario lúdico-formativo centrado en diferentes áreas como a educación ambiental, a saúde, a cooperación entre outras, co boxectivo de fomentar a súa participación na institución.
Hidatya comezou como usuaria deste proxecto e a día de hoxe é unha voluntaria máis.


