Hoxe é Luns 15 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz everxente: Society is Purity of Terror (STP) banda de metal de Chapela

Nunha nova entrega da sección A Voz Emerxente traemos a unha das bandas máis prometedoras do panorama musical de Redondela: Society is Purity of Terror (STP), un grupo de metal e post-hardcore que chega desde Chapela con toda a forza. Formada por Diego (baixo), Breo (guitarra), Jorge (batería) e Gabriel (voz e letras), estes tres mozos de só 16 e 17 anos están a dar que falar e prometen moito.

Falamos con Diego e Breo sobre os seus comezos, proxectos de futuro e tamén sobre unha reclamación que comparten moitas bandas da zona: a necesidade urxente de mellorar os locais de ensaio de Redondela (os situados nas antigas casas dos mestres, na Avenida Mendiño). Queren poder quedar no seu municipio e ensaiar en condicións dignas sen ter que coller o coche ou o autobús para irse a outro lado.

Non vos perdades a entrevista completa. E se queredes coñecer o seu traballo, botádelle un ollo ao seu Instagram e YouTube. Sociedade is Purity of Terror é unha das grandes apostas da nova xeración do metal galego. Aviso: pegan forte!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp