Benvidos e benvidas ao primeiro capítulo do novo podcast de Radio Redondela, dedicado á saúde “En PAC(k)”. Este espazo nace dunha colaboración con Bea Gómez, a nosa médica residente de confianza en Redondela, que nos acompañará en cada episodio con información útil, consellos prácticos e moito sentido común.
Hoxe estreamos un lugar cheo de conversas interesantes e necesarias. Neste debut, falaremos das infeccións de transmisión sexual (ITS), un tema clave para a nosa saúde. Prepárate para aprender e coidarte!



