Novo episodio de Onda Torrella! Desta vez, recibimos a Juanín, membro de Nocheni, para facer un repaso pola vibrante traxectoria desta lendaria banda galega. Dende a súa formación en 1995, con Otello, Santi, Laure, e a incorporación de Juanín e Dani, Nocheni marcou o seu camiño cun primeiro concerto no Pedramola de Vigo en 1996 e pouco despois no mítico Rock Ondela. A evolución da banda levoulles a gravar a maqueta en casete A lo hecho, pecho tras a chegada de David, e temas emblemáticos como “La masacre” ou “Ni contigo ni sin ti” con Ponecho na guitarra e Julio tras a tráxica perda de Otello.
No 2000, coa entrada de Suso, Gerardo e Tito, gravaron o seu primeiro traballo de estudo, Nocheni, en Élite. A banda continuou transformándose con Deivid, Fran e Xoel, deixando pegada con discos como Entre el cielo y el infierno (2005) e Príncipe de los payasos (2010), xa con Dani Lemos ao baixo e Nacho sumándose tras a saída de Santi. Nocheni consolidouse con grandes concertos, teloneando a bandas como Los Suaves, Testament, UDO, Barricada ou Barón Rojo, e levando o seu son a escenarios de Oporto, Madrid, León ou Albacete.
Prepárate para rememorar a discografía de Nocheni e quentar motores para o seu próximo concerto o VENRES 8 DE AGOSTO na Praza da Casa da Torre. Un episodio cheo de metal, anécdotas e a paixón dunha banda que segue a arder!



