David Crespo, que comezou con 18 anos e agora, aos 21, leva tres anos co proxecto Redondelízate, volve a Radio Redondela para compartir as novidades da súa conta de Instagram, que xa supera os 2.400 seguidores. Tras un parón de dous meses polos seus estudos de comercio, David retoma a actividade con máis forza coa chegada do verán.
Como novidade, destaca a creación da canle de WhatsApp de Redondelízate, unha ferramenta que permite difundir de forma inmediata e accesible o contido cultural e festivo de Redondela. Este canal, que xa conta con máis dun cento de persoas subscritas, funciona como un grupo de difusión onde os usuarios reciben actualizacións directas sobre eventos, festas e novidades culturais, sen interacción entre membros, garantindo unha comunicación áxil e directa.
Se queres saber como funciona a súa nova canle de WhatsApp, escoita a entrevista. David segue apostando por promover a cultura local e convida á mocidade a implicarse nas festas parroquiais para manter viva a esencia de Redondela.


