Foto dunha sesión anterior na Kominsky, dende a perspectiva de Pálida
O evento musical “Blanco”, organizado por Furiosa Club, volve a Vigo tras uns meses de pausa para ofrecer unha experiencia chea de “música celestial e bailes galácticos”. A cita está programada para o venres 18 de xullo, de 19:00 a 23:00, na sala Kominsky. Os asistentes poderán gozar dunha selección musical a cargo do músico vigués Pálida e Harakiri, quen promete deleitar ao público cunha noite vibrante para desgastar as solas dos zapatos ao ritmo da electrónica vangardista.
Temos o pracer de conversar con Jose Garnelo, máis coñecido como Pálida, un referente da música electrónica na cidade olívica que está a piques de incendiar a pista nesta nova edición.


