Escoitamos o podcast elaborado por Yanira Táboas Cabaleiro de 4º de ESO do IES Chapela e que mereceu un dos premios outorgados na primeira edición do certame Redondela Investigada convocados polos departamentos de Ciencias Sociais e Historia dos Institutos de Redondela. Un traballo que leva por nome “De neno a mariñeiro” e que nos permite achegarnos á historia vital de Manuel, un veciño de San Vicente de Trasmañó.

A Plataforma contra a Masificación Turística reclama límites ao crecemento do turismo
A Plataforma contra a Masificación Turística de Vigo-O Morrazo reclama establecer límites ao crecemento da actividade turística e apostar por un modelo que sexa compatible coa protección do territorio e

