Nesta nova entrega da sección Carreira de fondo contamos con Andrea Amoedo (Redondela), para falar do seu proceso académico e laboral como técnica de laboratorio. Estudou o FP de Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico e o FP de Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico, para despois facer o que se consideraría un “máster” dentro da formación profesional co Curso de Especialización en Cultivos Celulares (Acceso GS). Unha conversa na que aporta consellos e afondamos nos contidos e saídas desta formación.

Carlos Martínez Movilla (Soutomaior) ponlle música ao Ano Santo Compostelán 2027
Foto de Carlos Martínez Movilla O músico galego e natural de Soutomaior, Carlos Martínez Movilla, será o encargado de poñer banda sonora ao próximo Ano Santo Compostelán coa canción Un

