O veterano titiriteiro e actor, Miguel Borines, é o convidado de Fon Decón ao espazo da radio Municipal Onda Torrella. Tras corenta anos manexando monicreques coa compañía Tanxarina e cunha dilatada carreira como actor (os seus últimos proxectos levárono a series como “El caso Asunta” ou películas como “San Simón” rodada na illa redondelá) pasa polos nosos micrófonos para conversar de diversos temas pero, sobre todo, para convidarnos a escoitar música. Un espazo cheo de voces femininas.

Capítulo especial de En PAC(k) sobre o hantavirus
A médica residente do Centro de Saúde de Redondela, Bea Gómez, conversa neste episodio especial do podcast En PAC(k) con Alicia Tizón sobre o hantavirus, unha zoonose grave transmitida por

