Hoxe é Sábado 26 de Xullo de 2025

Carreira de Fondo: Xulia Daviña

Nesta nova entrega da sección Carreira de Fondo falamos con Xulia Daviña (Redondela), graduada en Dereito e no Máster en Avogacía Internacional pola Universidade Complutense de Madrid. Falamos do seu proceso académico e do seu traballo: A influencia das minorías nacionais dentro da Unión Europea Explicado a través do caso do ‘Xeito’.

Ao longo deste traballo foi analizando os posibles mecanismos polos cales a Unión Europea dá voz ás minorías nacionais. Tamén analizou as razóns que sosteñen estes mecanismos e como ao longo do tempo tanto as razóns como os métodos evolucionaron.

A pesar de estudar en Madrid, a morriña e o seu interese por temas que afectan a toda a cidadanía levouna traballar sobre unha técnica de pesca galega en perigo de “extinción” como é o Xeito.

No futuro quere ser xuíza co soño de defender os dereitos das persoas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: