Con moita alegría, como di a canción, contamos con “unha muller sol”. Ana Area, profesora de filosofía e veciña de Redondela, trae media ducia de cancións entre as que atopamos música francesa, inglesa e galega que dan pé a falar da súa experiencia persoal e laboral, pero tamén da súa participación como artistas en espectáculos como “Circo de Pulgas”.

ADEGA impulsa unha campaña para reclamar á Xunta o acordo entre Altri e Impulsa Galicia e alerta de que o proxecto non está morto
ADEGA, xunto coas plataformas Ulloa Viva, Non á Mina de Touro-O Pino e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, impulsa unha nova campaña para reclamar á Xunta que

