Esta semana continuamos o percorrido polo norte de Lugo. Achegámonos á Mariña Occidental, territorio que se estende desde o límite coa provincia da Coruña até Burela e abarca os municipios de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Rosana Prieto fálanos hoxe do Vicedo e Ourol. Visitaremos o famoso Fuciño do Porco, a Ponte de Ferro sobre a ría do Barqueiro, a pegada indiana en Ourol e a Fervenza da Xestosa, entre outros lugares de interese.
A voz emerxente: Sara Traba – ConectaLAB
Todos os xoves dedicamos este espazo a unha entrevista sobre cultura. Hoxe contamos con Sara Traba directora, montadora, camarógrafa e artista multidisciplinar viguesa. O motivo da nosa conversa é a