O 11 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
No programa de hoxe o alumnado do IES Mendiño afonda nesta cuestión con algunhas alumnas de 4º ESO A e 1º Bacharelato A matriculadas en materias de ciencias: Ariana, Flavia, Nayra, Leire, Marta, Lucía, Carmen, Xoana, Antía, Ariadna e Verónica.
Ao longo da historia as mulleres viron como as súas achegas ao mundo da ciencia foron silenciadas, invisibilizadas ou en moitos casos usurpadas polos homes. Sobre este fenómeno, coñecido como efecto Matilda, invítannos a reflexionar.

O Festival Rock Xuventude de Redondela xa ten nova data: celebrarase o 10 de outubro na Feira do Gando
A primeira edición do Festival Rock Xuventude, organizado polo Concello de Redondela, celebrarase finalmente o sábado 10 de outubro, despois do adiamento da cita inicialmente prevista para o 29 de

