“Porque a violencia non é un xogo” é o lema co que se conmemora este ano 2022 o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Redondela. Actos nos que tamén participa o IES Mendiño que chega a Radio Redondela a través da súa radio escolar RQR.
NIco e Maeloc, de 1º de Bacharelato, aproveitan a ocasión para conversar con Almudena Suárez, vicedirectora, para que nos explique en que consisten as actividades que se están a levar a cabo arredor do 25N. Por outra banda, achéganse aos estudos de RQR dous profesores do centro, Miguel Lamelas e José Antonio Martínez, que responden ás cuestións do alumnado sobre a realidade da violencia contra a muller.

Onda Torrella: Diego Ricón (Calía)
Benvidas e benvidos a un novo episodio de Onda Torrella, o podcast musical da radio municipal de Redondela. Fon Decon tráenos a Diego Ricón, coñecido como Calía, para falar da

