O cemiterio dos Eidos, construído ao redor de 1830, está considerado cemiterio histórico pola Deputación de Pontevedra e aspira a entrar na lista de cemiterios singulares de Europa. Pero ademais está entre os candidatos para ser elexido “Cemiterio máis bonito de España” no concurso que organiza Funespaña a través da revista Adiós Cultural. Soledad Chayán, guía oficial de turismo, non dubida das cualidades deste campo santo para erexirse como gañador. Compite para facerse co galardón co cemiterio de San Antonio (Archidona), o de Ballena (Castro Urdiales), o de Nuestra Señora de la Piedad (Iznájar), o de Sant Sebastià (Sitges), o Parque de la Paz (Valencia) e o de Villaluenga del Rosario. O gañador escollerase por votación popular na web www.revistaadios.es.

Falamos con @Qarambanos sobre Capitán Breomán, a nova xoia da animación galega
Conversamos con @Qarambanos, o artista multidisciplinar e un dos creadores de Capitán Breomán, para indagar no proceso de creación e nas curiosidades desta serie de animación e humor para adultos