Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A canteira base do balonmán redondelá consegue a vitoria no Paredes Cup

294279463_1844198422441832_8502257821687907480_n

Esta fin de semana celebrouse o Paredes Handball Cup, un evento a nivel internacional organizado polo Concello portugués de Paredes. A esta cita acudiron dous clubs do municipio, A SAR e as Choqueiras de Redondela. Ambos clubs conseguiron chegar a final coa categoría Alevín  Feminina, que desembocou nun derbi por conseguir o Trofeo de Ouro. Finalmente venceron as Alevíns da SAR, sorprendendo ao resto de clubs da península co seu nivel durante as competicións.

As xogadoras teñen apenas 10 ou 11 anos e levan adestrando toda a tempada con deportistas de máis idade e incluso de categorías masculinas. Esta vitoria da SAR é o premio o esforzo, que puideron ver cumprido no campionato de Paredes. Xeili Fervenza é a adestradora do equipo Alevín Feminino da SAR, leva toda a vida na canteira do club e séntese identificada coas súas rapazas porque para ela “o importante é facer piña e que todas teñan a mesma importancia e ilusión”.

“Hai que inculcar a paixón polo deporte dende pequenas”.

Esta tempada as Alevíns da SAR quedaron de terceiras na Liga Interrías, un logro a nivel galego que superaron no campionato portugués. Durante o Paredes Cup gañaron todos os partidos cuns resultados con máis de 10 goles de diferencia. Tamén tiveron a oportunidade de xogar contra o Plasencia un equipo da categoría Infantil que lles deu os parabéns ao rematar o partido.

“Que te dean os parabéns ao gañar un partido é algo moi gratificante”

A competición é amigable, polo que os resultados quedan nun segundo plano. Ademais dos partidos os participantes puideron gozar de actividades e festas programadas para socializar con deportistas de moitas nacionalidades.

“As rapazas o pasaron pipa”

O club da SAR ten unha canteira moi unida e as categorías base séntense moi arroupadas polas sénior. Todos os equipos se animan entre eles e se apoian, “porque o importante é construír unha gran familia”.

“Que veñan a velas xogar e gocen do campo é un logro para elas”
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará