Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER esíxelle a Rivas un encontro de todos os grupos municipais para acordar os orzamentos antes do Pleno

aer

A Agrupación de Electores, esíxelle á alcaldesa que convoque unha comisión composta por tódolos grupos municipais para chegar un acordo nos novos orzamentos. “Cremos que xa quedou demostrado que a estratexia de negociar con cada Grupo por separado é catastrófica e, sobre todo, que pode levala ao seu enésimo fracaso e conseguir que non se aproben tampouco no seguinte Pleno”. Ademais, “pode que acaden a abstención do BNG, pero queremos advertir a Rivas dunha obviedade: o noso foi un voto a un documento, se esa proposta cambia, a nosa postura tamén pode cambiar tamén”, engade a agrupación.

Desde AER lembran que a Agrupación negociou durante máis de tres meses co goberno o que deu como resultado o seu voto a favor aos orzamentos no Pleno do pasado 26 de maio. “En paralelo, a equipa de Rivas estaba supostamente a facer o mesmo co BNG, aínda que os nacionalistas sorprenderon cun voto en contra”.

Critican a falta de transparencia de PSOE e BNG durante todo o proceso e en referencia a pista de atletismo, unha das cuestións que os nacionalistas puxeron sobre a mesa no pleno como un dos motivos para non dar o seu voto positivo aos orzamentos do goberno, entende AER que o BNG debería aclarar “cal é o proxecto que propoñen como alternativa ao que se prevé realizar no Illa de San Simón” e que ademais “o club de atletismo debería pronunciarse ao respecto para coñecer se se a proposta recollida é satisfactoria ou prefiren renunciar a ter unha pista no colexio de Santa Mariña á espera dunha proposta que non está nin debuxada”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará