Son moitos os atractivos de Allariz, vila ourensá cun gran patrimonio histórico, etnográfico, natural e arqueolóxico. E tamén triunfa nestas datas cun Nadal “sustentable” e ecolóxico. Ao longo do centro urbano créase unha ruta con diferentes escenografías que representan escenas típicas do Nadal. Todos os decorados son artesáns, a base de elementos de madeira e materiais reciclados. Falamos con Rosana Prieto da oferta turística desta vila para público de todas as idades.

DA MAN consolida os seus proxectos en Senegal: melloras na maternidade, enerxía solar e atención odontolóxica
A ONG redondelá DA MAN segue avanzando no seu compromiso coas comunidades rurais de Senegal. No seu último viaxe a terreo, realizado en febreiro de 2026, o equipo de voluntarios

