Preto de 200 colectivos convocados por Aliente (Alianza Enerxía e Territorio) participarán este sábado en Madrid nunha manifestación “a prol dun modelo enerxético xusto, con beneficios para as persoas, para os territorios e para o planeta”. A mobilización xorde da contestación social ao actual modelo centralizado de produción da enerxía, en mans das grandes compañías. Cóntanolo Luis Bolonio, voceiro de Aliente.

Farmacia de garda: Os suplementos
Melatonina ou magnesio para combater o insomnio, ácidos graxos omega-3 e complexos vitamínicos para o benestar xeral, coláxeno ou vitamina D para coidar os ósos… O consumo de complementos alimenticios

