No espazo de literatura desta semana falamos con Rafael Fernández, autor de Cocotibur, e Esteban Souto, o ilustrador da obra. O libro, dirixido a público xuvenil pero recomendable para todas as idades, recrea a lenda da Coca e outras tradicións da vila de Redondela. Ambientado na bisbarra, a ría de Vigo e a Illa de San Simón son tamén protagonistas deste conto que comeza coa misteriosa desaparición de tres raparigas de Cedeira e Reboreda. Os mitos e tradicións, como o baile das Espadas e as Penlas están tamén recollidos na historia. Un conto moi redondelán que afonda na tradición universal desa loita do ben contra o mal.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

