Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño. As mulleres do mar.

Hoxe falamos con mulleres traballadoras do sector do mar: Esmeralda Otero, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Redondela e Nuria Novelle, mariscadora e unha das fundadoras de Amarturmar, a cooperativa de turismo mariñeiro.

Tradicionalmente en Redondela, como no conxunto de Galicia, as mulleres tiveron un papel destacado no sector do mar, especialmente como mariscadoras a pé. Hoxe en día a agrupación conta tamén con algúns homes, aínda que segue a ser un sector maioritariamente feminino, como explica a presidenta. E cada vez son tamén máis as mulleres que, despois de formarse, traballan como maiñeiras “pero en Redondela aínda son poucas”. O marisqueo a pé é un oficio no que faenan poucas horas “o que permite compatibilizalo co coidado da familia ou con outro traballo”, sinala Esmeralda Otero. O obxectivo para ela é facer do marisqueo unha profesión “cun salario e unhas condicións de traballo dignas”. Desde que se constituíu a Agrupación de Mariscadoras, en 2008, melloraron as condicións de traballo e tamén o poder de decisión destas mulleres, que agora xestionan tanto a extracción como os traballos de vixilancia e a rexeneración das praias con semente. Con todo, seguen reclamando melloras, como o recoñecemento das enfermidades profesionais que lles afectan. No último ano a pandemia prexudicou tamén ao sector, coa caída dos prezos e as ventas por mor do peche da hostalaría. Pero o peor chegou coas intensas chuvias das últimas semanas, que provocaron unha elevada mortalidade nos bivalvos.

Escoita a entrevista con Esmeralda Otero, presidenta da agrupación de mariscadoras de Redondela

No caso da asociación de turismo mariñeiro Amarturmar, a crise da Covid obrigounos a suspender todas as actividades. Nuria Novelle sinala que, despois dun primeiro ano de traballo moi positivo, ofrecendo un turismo “de experiencias” no que se pon en valor a pesca e o marisqueo artesanal, agora están á espera do que determine a Xunta de Galicia. As actuais limitacións que se establecen para os grupos turísticos fan inviable as visitas. Este último ano aproveitárono para seguir formándose e mellorando grazas ao Clúster de Turismo e o asesoramento da rede SmartPeme.

Nuria Novelle Zabaleta é mariscadora e unha das fundadoras de Amarturmar
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Facendo Camiño

Facendo Camiño é unha asociación sen animo de lucro dedicada á organización de actividades socio/deportivas de diferentes tipos, enfocado ao colectivo LGTBIQ+, tendo o sendeirismo e as andainas como actividade

Escoitar audio »

Carreira de fondo: Laura Nogueira

Nunha nova entrega da sección ‘Carreira de Fondo’ contamos coa xornalista  Laura Nogueira (Redondela), graduada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Falamos do seu proceso académico e o

Escoitar audio »