Esta semana, no espazo Galicia Sensacións Turísticas, achegámonos a Zamáns. Rosana Prieto fálanos deste Roteiro Etnográfico, un paseo circular duns 4 quilómetros. Seguiremos a canle dos ríos Vilaza e Zamáns, e gozaremos dunha contorna máxica con carballos, castiñeiros e ameneiros. Poderemos ver muíños reconstruídos, e tamén o conxunto da casa-muíño da Maquía.
Onda Torrella: Pedro Pérez vilas
Nesta nova entrega de Onda Torrella, conducido por Fon Conde, contamos con Pedro Pérez Vilas, músico redondelán. Unha conversa estilo podcast chea de anécdotas da escena musical de Redondela nos