Hoxe é Luns 2 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: III especial con Luis Cuntín de Tempo de Jazz

Nesta nova edición de Onda Torrella temos de novo unha colaboración moi especial dentro da casa: cruzamos os camiños por terceira e últma vez este ano con Luis Cuntín e o seu programa Tempo de Jazz  para compartir unha conversa sobre música, poesía e, sobre todo, sobre a vida.

Con el repasamos os seus comezos en Tempo de Jazz, descubrimos a súa faceta como poeta e lembramos a súa participación no impulso do Coro Casto Sampedro. Ademais, adiántanos que está inmerso na escritura do seu segundo libro.

Unha conversa para coñecer un pouco mellor a persoa que hai detrás da voz de Tempo de Jazz e achegarnos a algunhas das súas paixóns e experiencias.

En 2022 publicou o seu primeiro poemario, O caderno de Daia, da man da editorial Chan de Pólvora. Trátase dunha obra cunha historia moi particular: comezou a escribila en febreiro de 1975, tras namorarse dunha rapaza. Un proxecto poético que atravesou décadas, pois tardou máis de trinta anos en completarse e outros catorce en chegar ás librarías.

Unha historia de memoria, sentimentos e creación literaria que cobra aínda máis interese cando o propio Luis nos adianta que está traballando no seu segundo libro.

E nesta edición tamén nos acompaña de novo Hugo Amoedo coa súa nova metasección, As Torrellas de Vanderlux.

Nesta segunda entrega, Hugo lévanos, coa súa habitual retranca e unha boa dose de humor, por unha reflexión sobre o paso do tempo, os achaques, a paternidade, a saúde, a amizade e a distancia. Unha conversa que comeza falando dos pequenos inconvenientes de facerse maior e acaba deixando no aire unha pregunta moito máis profunda: que é realmente o que nos queda e que cousas merecen a pena?

🎧  Xa podes escoitar o novo capítulo de Onda Torrella!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp