Hoxe é Luns 26 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade celebra o Día das Bibliotecas con contacontos, títeres e obradoiros para a cativada

biblio souto

A Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade acolle esta semana varias actividades para fomentar a lectura e achegar a cultura ás novas xeracións, con propostas dirixidas ao público infantil e ás familias.

A programación presenta hoxe luns 26 de outubro unha nova sesión de Menú lector, que nesta ocasión ofrecerá a actividade Donde viven los cuentos. A cita, dirixida a familias con menores de oito anos acompañados das súas nais, pais ou persoas responsables, terá lugar ás 17:30 horas na biblioteca.

As actividades continuarán o mércores 28 de outubro cunha xornada dedicada ao mundo dos monicreques da man da compañía Barriga Verde. Ás 17:00 horas, un xigante percorrerá as rúas de Arcade nun pasarrúas desde o Cruce de Pierrres ata a biblioteca, levando a animación teatral á veciñanza.

A programación seguirá na Biblioteca Municipal Luís Seoane cun obradoiro de construción de monicreques, no que as persoas participantes poderán elaborar os seus propios bonecos. A xornada rematará ás 19:00 horas cunha función de títeres de entrada gratuíta ata completar o aforo.

O venres 30 de outubro será a quenda dos contacontos con Raquel Méndez e Pavís Pavón, nunha sesión destinada a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A actividade comezará ás 18:00 horas e porá o broche final á programación especial do Día das Bibliotecas.

As persoas interesadas en participar nesta última proposta deberán formalizar a inscrición a través da web do Concello antes do mércores 28 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará