Hoxe é Venres 23 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As motos volven a Redondela este domingo coa XII Motocallada

motocallada

O Campo da Feira acolle o vindeiro domingo 25 de outubro unha nova edición desta cita moteria organizada polo Moto Club Redondela, con entrada libre, ruta pola comarca e unha comida tradicional a prezos populares.   

A xornada comezará ás 10.00 horas coa apertura do recinto. Ás 11.30 horas está prevista a saída dunha ruta moteira pola comarca, cunha duración aproximada de 40 minutos. Ao remate do percorrido, os asistentes poderán participar nunha comida con callos, pan e bebida, ademais de empanada, a prezos populares.

A entrada ao recinto será gratuíta, polo que a organización anima tanto aos afeccionados ao motociclismo como á veciñanza e aos visitantes a achegarse ao Campo da Feira para compartir unha xornada de convivencia arredor da súa afección polas motos.

Desde o Moto Club Redondela destacan o valor desta iniciativa para fomentar o compañeirismo entre motoristas, dinamizar a localidade e situar Redondela como punto de encontro para os amantes das dúas rodas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará