Nova edición dun festival que organiza a Asociación Folclórica O Carballo das Cen Pólas e que terá lugar este sábado 24 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Unha cita coa música tradicional que contará coas actuación dos grupos da Asociación organizadora así como do grupo Choran as pedras.
Dende a organización salientan o especial desta sétima edición que contará cunha emotiva homenaxe a Juan Muiños. A entrada é de balde ata completar o aforo.










