Hoxe é Luns 19 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ping pong non ten idade: deporte, saúde e convivencia para as persoas maiores no Centro recreativo de Redondela

centor horizontal

O tenis de mesa convértese nun aliado do envellecemento activo. O Centro Recreativo Cultural de Redondela ofrece clases de ping pong para maiores de 65 anos, unha actividade que contribúe a manter o corpo en movemento, estimular a mente e fortalecer as relacións sociais. Unha iniciativa pioneira que demostra que para practicar deporte non hai idade. As clases impártense os luns e venres, de dez a once da mañá, e están abertas a todos os niveis, mesmo a quen nunca practicou este deporte.

O Centro Recreativo Cultural de Redondela aposta polo tenis de mesa como unha alternativa de lecer saudable para as persoas maiores tendo en conta os múltiples beneficios desta modalidade deportiva, acesible ademais a calquera idade.

A idea xurde da man da educadora social Nieves Migueles e o monitor que dirixe as clases de ping pong no Centro Cultural, Nigel Webb.  Ambos coincidiron na posibilidade de poñer en marcha clases pensadas para adultos maiores e atoparon o apoio da directiva.

Neste sentido, Nigel destaca que máis alá da diversión, o ping pong esixe atención, rapidez de reacción e coordinación entre a vista e os movementos. Seguir a traxectoria da pelota, anticiparse á xogada do contrario e calcular a forza necesaria para devolvela son accións que permiten exercitar diferentes capacidades físicas e cognitivas.

A práctica do tenis de mesa permite traballar a coordinación, os reflexos, o equilibrio e a axilidade, adaptando a intensidade ás capacidades de cada persoa. Ademais, favorece a concentración e mantén a mente activa. Nieves Migueles é traballadora social

Pero o beneficio non é unicamente físico ou mental. A actividade tamén se converte nun espazo de encontro no que compartir experiencias, conversar e crear novas amizades. Un aspecto especialmente importante nunha etapa da vida na que manter unha rede de relacións e participar na comunidade pode contribuír ao benestar emocional e a reducir o illamento social.

A iniciativa pon tamén o foco na aprendizaxe e no intercambio entre xeracións. Dende  a directiva do Centro, o seu presidente Cuni Orge salienta o carácter social e inclusivo da iniciativa “que se enmarca perfectamente no espírito da entidade”

As clases de ping pong 65+ celébranse os luns e venres, de dez a once da mañá, no Centro Recreativo Cultural de Redondela. As persoas interesadas poden achegarse para informarse ou formalizar a inscripción.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará