Renfe organiza o próximo sábado 24 de outubro unha xornada de portas abertas nos nove talleres repartidos por todo o país, un deles en Redondela. Durante o percorrido, os asistentes poderán coñecer as instalacións e achegarse aos procesos de revisión e reparación dos trens, así como coñecer as últimas tecnoloxías que Renfe está a incorporar para mellorar os seus procesos de mantementos. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 20 na páxina web de Renfe neste enlace.
A iniciativa enmárcase nas celebración do Día do Tren, que se conmemora o 28 de outubro, e busca achegar á sociedade o traballo que Renfe desenvolve cada día para que os trens circulen coa máxima fiabilidade e seguridade, ao tempo que da visibilidade ao traballo dos seus profesionais.
As visitas, completamente de balde, organizaranse en grupos ás 10:00, 10:30, 11:00, 11:30, 12:00, 12:30 e 13:00 horas. A xornada de portas abertas realizarase nas nove bases de mantemento que a entidade ten en diferentes puntos de todo o país, un deles en Redondela. Durante o percorrido, os asistentes poderán coñecer as instalación e achegarse aos provesos de revisión e reparación dos trens, así como coñecer as últimas tecnoloxías que Renfe está incorporando para mellorar os procesos de mantemento.









