Hoxe é Venres 16 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe o premio María Moliner e prepara o Día das Bibliotecas con homenaxes a Pinocho

biblitoecas

As Bibliotecas municipais vén de recibir o galardón que concede o Ministerio de Cultura polo seu labor de animación á lectura. O premio inclúe unha dotación económica de 2.777 euros para a ampliación dos seus fondos bibliográficos. Por outra banda e co gallo da celebración do Días das bibliotecas o vindeiro 24 de outubro, organizan unha programación especial dedicada a un dos personaxes máis coñecidos e queridos da literatura infantil como é Pinocho. As salas infantís acollerán dous contacontos a cargo de Expresion Produccións Teatro.

A elección deste personaxe está relacionada coa conmemoración do 200 aniversario do nacemento de Carlo Collodi, autor de As aventuras de Pinocho, que naceu o 24 de novembro de 1826. Deste xeito, as bibliotecas redondelás queren aproveitar esta efeméride para achegar ás nenas e aos nenos a figura dun personaxe que, ao longo das décadas, se converteu nun referente da literatura infantil universal.

Con motivo desta celebración, os espazos infantís das Bibliotecas ofrecerán recomendacións lectoras relacionadas con Pinocho e coa literatura infantil e organizan dous contacontos a cargo de Expresion Produccións Teatro, que levarán as aventuras de Pinocho a Chapela e Redondela.

O primeiro contacontos terá lugar este venres 16 de outubro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Xela Arias de Chapela, onde se representará Os contos de Pinocho, mentres que a segunda proposta será o venres 23 de outubro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela, co espectáculo Vaia conto ten Pinocho!.

Unhas bibliotecas que estes días están de parabéns logo de recibir un ano máis o premio María Moliner do Ministerio de Cultura que recoñece o seu labor a prol do fomento da lectura, a eficiencia no servizo e o uso de novas tecnoloxías. O galardón inclúe unha dotación económica de 2.777 euros que se investirá en ampliar o catálogo de libros dispoñibles para a veciñanza.

Co gallo deste premio, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto coa concelleira de Cultura, Rita Pérez, visitaron as instalacións da Biblioteca Municipal Valle-Inclán e salientaron que a concesión deste galardón “é un reflexo do esforzo continuo por manter unhas bibliotecas vivas, inclusivas e abertas a toda a comunidade”. O proxecto premiado nesta edición destacou especialmente pola súa capacidade para integrar a colectivos con diversas necesidades, potenciar os clubs de lectura e colaborar cos centros educativos e o tecido asociativo local. Ao longo de todo o ano as bibliotecas organizan actividades nas que participan familias, colexios, institutos, centros de día, asociacións como Afaga e o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela, entre outros colectivos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará