Hoxe é Venres 16 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Batalla de Rande enche de historia, música e tradición a fin de semana

batalla

A XIII Festa de Conmemoración da Batalla de Rande celebrará os días 17 e 18 de outubro a súa programación central na contorna do Museo Meirande con dúas xornadas de actividades para todos os públicos que combinarán divulgación histórica, música tradicional, gastronomía e propostas de lecer. A cita conmemora o 324 aniversario da batalla de 1702 e inclúe unha charla a cargo de Xosé Couñago centrada no patrimonio industrial e cultural de Rande.

A programación comezará o sábado 17 ás 12.30 horas coa chegada das embarcacións tradicionais. Ás 12.45 horas terá lugar a recepción da frota e un desfile acompañado polo Grupo de Gaitas Asubíos de Portocedeira. A partir das 13.00 horas sucederanse diferentes recreacións teatralizadas, entre elas «O cofre da benvida», «O bastón de Rande» e «Normas para un bo xantar», xunto con actuacións musicais e outras escenas relacionadas coa historia da batalla.

A programación continuará pola tarde con novas representacións e unha charla no Museo Meirande, ás 18.30 horas, a cargo de Xosé Couñago, profesor e divulgador cultural, quen falará sobre «O patrimonio cultural de Rande». O presdiente da Asociación, Alejandro Comesaña, lembra que un dos obxectivos do colectivo é precisamente  traballar na recuperación e conservación do patrimonio industrial e cultural da zona.

Ás 19.00 horas representarase “As setecentas” e, ás 20.00 horas e “O inimigo está na ría”, cunha recreación teatralizada no peirao. A xornada do sábado rematará coa música do grupo O Son do Río de Mondariz e cun espectáculo pirotécnico no peirao, ás 21.30 horas, que supón un dos momentos máis espectaculares da conmemoración

O domingo 18 as actividades retomaranse ás 11.30 horas coa recepción da frota e un desfile acompañado polo Grupo de Gaitas Tirapuxa de Trasmañó. Durante a mañá desenvolveranse novas recreacións teatralizadas e de seguido a celebración do xantar popular, previsto para as 14.30 horas.

Outra das propostas destacadas serán as visitas guiadas en barco pola enseada de San Simón, con saída desde o Museo Meirande. O sábado haberá saídas ás 10.30 e ás 16.30 horas, mentres que o domingo se realizarán ás 10.00 e ás 16.30 horas. O prezo é de cinco euros por persoa.

Durante toda a fin de semana, o público poderá achegarse ao mercado, que abrirá o sábado e o domingo a partir das 11.00 horas. A programación complétase con atraccións tradicionais infantís, dispoñibles o sábado de 11.30 a 20.30 horas e o domingo de 11.30 a 14.00 horas.

Os máis pequenos contarán tamén co «Curruncho para a rapazada», a cargo de Bico de Toupa. O sábado estará aberto de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas, mentres que o domingo funcionará de 12.00 a 14.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará