Hoxe é Martes 8 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos de Borbén impúxose por 4-5 ao Redondela FS no derbi da Copa

797007144_1558075222136765_5941175757679902321_n

O Pazos de Borbén FS levou a vitoria no derbi ante o Redondela FS disputado no Pavillón Municipal da Marisma. O conxunto visitante venceu por 4-5 nun encontro intenso e con alternativas no marcador, resultado que lle permite avanzar á seguinte rolda da Copa Galicia sénior masculina de fútbol sala.

O partido estivo marcado polo alto ritmo e pola igualdade entre dous equipos que se coñecen ben. O Redondela FS, que chegaba á eliminatoria despois de golear por 3-11 ao Abetos Gondomar na primeira fase, non puido repetir o resultado e acabou cedendo pola mínima ante o conxunto de Pazos.

Os cinco goles do Pazos de Borbén foron obra de Pereira, que asinou un dobrete, Legazpi, Botana e Jacobo. Os visitantes conseguiron manterse por diante nun tramo final no que o Redondela buscou ata o último momento o empate.

Desde o Pazos de Borbén destacaron a intensidade do encontro e o apoio recibido desde a bancada. O club agradeceu especialmente o desprazamento da súa afección ata A Marisma e o ambiente creado durante o derbi.

Con este triunfo, o Pazos supera a segunda rolda da Copa Galicia e centra agora a súa atención no inicio da liga, que dará comezo a vindeira semana. A competición da Copa terá continuidade para o conxunto de Pazos o vindeiro 30 de setembro, cando recibirá na casa ao IES Coruxo FS “A”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará