Hoxe é Xoves 3 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortes de tráfico polo incio das obras de Roxelio Landeiro en Soutomaior

Roxelio Landeiro 02

As obras de mellora da accesibilidade da rúa Roxelio Landeiro, en Arcade, comezarán o vindeiro martes, 8 de setembro, ás 8:00 horas. A actuación, cun investimento de 750.000 euros, suporá a renovación integral dun dos principais accesos ao núcleo urbano e implicará importantes afeccións ao tráfico durante os primeiros meses.

A primeira fase dos traballos terá unha duración aproximada de dous meses e obrigará a cortar completamente a circulación nos dous sentidos no tramo comprendido entre o cruzamento da Fonte do Conde e a zona do Froiz. Ademais, durante este período tamén permanecerá pechada ao tráfico a ponte de Ponte Sampaio, polo que será necesario utilizar os itinerarios alternativos habilitados.

O Concello de Soutomaior pide á veciñanza e ás persoas usuarias desta vía comprensión e colaboración ante as molestias que ocasionará a intervención. Trátase dunha obra de importante envergadura que busca cambiar por completo a configuración actual deste ámbito de Arcade.

Unha vez rematada esta primeira fase, os traballos continuarán nos tramos correspondentes ás fases 2 e 3, entre o Froiz e o cruzamento de Abanca. Nestes puntos a intervención realizarase por metade da calzada, mantendo aberta a outra metade para garantir a circulación nos dous sentidos. Estas dúas fases terán unha duración prevista duns catro meses.

Máis espazo para os peóns

A actuación foi adxudicada á empresa Castro Figueiro S.L. por 750.000 euros e conta con financiamento do Plan Extra 2025 da Deputación de Pontevedra.

O proxecto pretende dar resposta ao deterioro que presenta actualmente a vía, así como ao predominio do tráfico rodado e á falta de espazos adecuados para os desprazamentos a pé.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, considera que o inicio dos traballos representa “un novo paso adiante na transformación urbana” que o Concello está a impulsar en Arcade. O rexedor recoñece que a execución da obra provocará molestias durante os próximos meses, especialmente nesta primeira fase, pero defende que se trata dunha actuación “necesaria e moi importante para o futuro da vila”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará