Hoxe é Mércores 2 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido en Redondela un home por presunta falsidade documental tras fuxir da Policía Local

791317678_1613034463536308_6790255976759795633_n (1)

Axentes da Policía Local de Redondela detiveron na madrugada do sábado ao domingo un home como presunto autor dun delito de falsidade documental, despois de ser sorprendido circulando cun ciclomotor que levaba unha matrícula que non correspondía co vehículo.

Os feitos aconteceron no centro urbano de Redondela, cando unha patrulla da Policía Local deu o alto ao condutor do ciclomotor. Durante as comprobacións, os axentes detectaron que a placa de matrícula non coincidía co bastidor nin co vehículo no que circulaba.

Ao ser advertido polos axentes, o condutor deuse á fuga, adentrándose coa motocicleta na Alameda do centro urbano. Pouco despois, abandonou o ciclomotor no chan e continuou a fuxida a pé.

Os axentes conseguiron interceptalo pouco despois e procederon á súa detención, trasladándoo posteriormente á comisaría para continuar cos trámites correspondentes. O ciclomotor quedou tamén á disposición das autoridades para as comprobacións oportunas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará