Unha furgoneta bateu contra a fachada dunha vivenda situada na estrada de Portóns, en Redondela ao lado do Restaurante Lemos, nun incidente que se saldou unicamente con danos materiais. O accidente produciuse, segundo informa a Policía Local, debido a un erro durante unha manobra.
O vehículo estaba conducido por un home de mediana idade e, por causas que non transcenderon, acabou impactando contra a casa situada xusto fronte ao establecemento Lemos. O golpe provocou danos na fachada do inmoble, da que se desprendeu parte da estrutura.
Non houbo que lamentar persoas feridas, nin entre os ocupantes do vehículo nin entre os residentes ou persoas que puidesen atoparse na zona.










