Hoxe é Mércores 12 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondeando a sexualidade: Temores nos primeiros contactos

O consentimento é un concepto que os adolescentes recoñecen cada vez máis. “Hai un empoderamento global que noutro tempo pasado non había”, explica María Montenegro, do gabinete Amaturi, na entrega de hoxe de Redondeando a sexualidade.

Dende o gabinete Amaturi sinalan que, dende a mirada adulta, os medos son diferentes segundo se trate de nenas ou nenos: no caso das nenas, están máis vinculados ás posibles agresións, mentres que no dos nenos aparece o temor a verse inmersos nalgún tipo de denuncia.

A mirada adolescente adoita ser outra. Nunha etapa especialmente vulnerable, as súas preocupacións están máis relacionadas coas propias inseguridades: “Estareino facendo ben?”, “ata onde pode chegar?” ou “que se supón que debo sentir?”.

E hai tamén un medo máis global e universal: non gustar, sentir que “ninguén me elixa”. A presión polo físico continúa presente, pero ao mesmo tempo existe un abano máis amplo de modelos, o que favorece unha maior diversidade e fai que “o normativo estea máis diluído”. Algo que, segundo María Montenegro, é “moi enriquecedor”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp