Hoxe é Mércores 22 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carreira de fondo: Ciclo Medio de Instalación de Telecomunicación

Entrevista a Alexandre e Adrían Alumnos do IES Pedro FLoriani do Ciclo Medio de Instalacions de Telecomunicacións e o docente Eduardo Ramos

O IES Pedro Floriani mantén aberto o prazo de inscrición para o Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións, unha titulación de Formación Profesional orientada a un sector en constante crecemento, impulsado pola expansión das redes de comunicación, a fibra óptica, a domótica, os sistemas audiovisuais e as telecomunicacións dixitais. O centro acumula máis de vinte anos formando profesionais nesta especialidade e conta con talleres e equipamento específico para a aprendizaxe práctica.

Eduardo Ramos subliñou que a Formación Profesional experimentou un importante cambio de percepción nos últimos anos. “Hai un tempo a FP estaba nun segundo plano e bastante desprestixiada. Agora está nun escenario completamente diferente”, afirmou. Na súa opinión, este modelo permite combinar unha sólida base teórica cunha formación práctica que facilita a incorporación ao mercado laboral.

Os estudantes valoraron especialmente ese enfoque práctico. Alexandre destacou as materias relacionadas coas instalacións eléctricas e explicou que os contidos “están moi relacionados co día a día”, o que facilita a aprendizaxe. Pola súa banda, Adrián sinalou que o primeiro curso serve como base para comprender desde a electrónica e a electricidade ata a radio, a megafonía ou o funcionamento das redes de comunicación.

O profesor tamén incidiu en que o rendemento académico na ESO non determina o éxito na Formación Profesional. “Moitos chegan coa etiqueta de malos estudantes, pero simplemente ese tipo de ensino non era o máis axeitado para eles. Aquí demostrades as vosas capacidades e as empresas valoran moi positivamente o voso traballo”, asegurou.

Outro dos aspectos máis valorados son as prácticas en empresas. O alumnado realiza arredor de tres meses de formación en contornas profesionais reais, unha experiencia que ambos consideran decisiva.

As persoas interesadas poden presentar a solicitude de admisión a través da aplicación de Formación Profesional da Xunta de Galicia durante o prazo oficial. Unha vez obtida a praza, a matrícula formalízase no propio IES Pedro Floriani. O centro tamén ofrece información e asesoramento sobre o proceso de admisión, a documentación necesaria e os prazos a través do teléfono 886 12 04 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp