Hoxe é Venres 10 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Álex Castro, novo adestrador do primeiro equipo do Redondela FS

WhatsApp Image 2026-07-10 at 10.18.51

Foto de Álex Castro

O Redondela FS anunciou a incorporación de Álex Castro como novo adestrador do seu equipo sénior, tras a saída de Portu e que competirá unha temporada máis na Terceira División Nacional. O club confía en que a súa experiencia, compromiso e ambición contribúan a consolidar o proxecto deportivo da entidade.

Desde a directiva destacan que Castro chega “con ilusión, compromiso e moitas ganas de seguir facendo medrar este proxecto”, ao tempo que subliñan que a súa forma de entender o fútbol sala encaixa cos valores que defende o Redondela FS.

Na súa etapa como xogador, Álex Castro militou principalmente no Gran Peña e no Rápido de Bouzas no fútbol, aínda que sempre estivo vinculado tamén ao fútbol sala. Nos últimos dez anos formou parte do Tenorio FS.

Como adestrador conta cunha ampla traxectoria, especialmente nas categorías de base. Pasou polo Vigo 2015, onde foron subcampións galegos coa categoría infantil e exerceu como segundo adestrador do equipo xuvenil de División de Honra. Tamén dirixiu ao equipo feminino do Tenorio e ao Cidade de Pontevedra, co que conquistou a liga autonómica e disputou a fase de ascenso á Segunda División. Ademais, formou parte da base do Leis Pontevedra, das escolas deportivas de Cotobade e das seleccións infantil de Vigo e da Universidade de Vigo, tanto en categoría masculina como feminina, logrando catro campionatos galegos universitarios.

O club fai un chamamento á unión de xogadores, corpo técnico, directiva e afección, a coñecida como Marea Azul, para afrontar con ilusión unha nova temporada na categoría nacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará